top of page

a landra para os nosos antepasados

A landra é un alimento de gran importancia en varias rexións do mundo. O seu consumo atópase documentado desde o Paleolítico e mantívose coa aparición da agricultura. Durante a Idade do Ferro, produciuse o auxe do uso deste froito, sobre todo no Noroeste da Península Ibérica. Continuou empregándose en Europa, pero a aparición de outros produtos como a castaña ou a pataca menguou o seu consumo. Na actualidade, está a producirse unha revalorización do consumo da landra.

Para o xeógrafo e historiador grego Estrabón, a landra foi un alimento propio dun pobo “bárbaro”, referíndose aos “montañeses” do Noroeste da Península como unha imaxe invertida dos pobos mediterráneos. Doutra parte, Plinio, tamén historiador, afirmou que o seu consumo aumentaba nos períodos de escaseza de cereal.

Os indicios que apoian esta afirmación son, por un lado, os restos de landras carbonizadas atopados en gran parte dos castros e, polo outro, a presenza do xénero Quercus, ao que pertence o carballo, a árbore da landra. Sen embargo, o feito de que, ata fai relativamente pouco tempo, o estudo das sementes non se levara a cabo de xeito sistemático, senón que se obviaba ou se realizaba a simple vista, influíu na posible sobrerrepresentación das landras respecto ao cereal no Noroeste da Península.

Strabo.jpg

Debuxo do xeógrafo e historiador grego Estrabón

IMG_8491.jpg

Esta imprecisión no rexistro débese á facilidade para identificar os macrorrestos de landras en numerosos castros. No caso do cereal, son necesarios procesos máis complexos e, ademais, os grans son máis pequeniños, polo que non se conservan con tanta facilidade. Dentro destes macrorrestos, destaca a presenza de landras en gran cantidade de castros do Noroeste, tales como Coto do Mosteiro, Cortegada ou Viladonga, entre outros.

 

Á esquerda: imaxe de restos de landras carbonizadas atopadas nun castro galego. Cedida por Estevo Amado.

Mesa de trabajo 1.png

Para algúns autores, a recolección da landra foi unha actividade fundamental anterior á introdución xeralizada do cereal polos romanos. Neste momento, a landra perdeu importancia na dieta da Idade do Ferro, e o seu uso quedou reducido á manutención dos animais. Fronte a esta postura, atópase a idea de considerar a landra como unha parte importante da dieta castrexa, útil como complemento do cereal. Deste xeito, o consumo da landra non é sinónimo de atraso, senón que amosa a optimización da explotación do medio dentro dunha economía diversificada.

Principalmente, a dieta do Noroeste da Península estaba formada por catro grupos de alimentos: a carne, os lácteos e os seus derivados, as leguminosas e, por último, os produtos silvestres e, en especial, as landras.

 

Diversos estudos (de relativa representatividade, pero empregados como indicador aproximado) afirman que o valor nutricional da landra faría posible que puidese funcionar como complemento do cereal. Calcúlase que as necesidades alimenticias mínimas dunha persoa poderíanse cubrir cuns 420g de landras. Polo tanto, se 1kg son 250-450 landras, unha persoa podería sobrevivir con 125-225 landras ao día.

Mesa de trabajo 1.png

Os motivos polos que a landra desapareceu finalmente da dieta de moitas culturas non están completamente claros. Adoita pensarse que se debeu á introdución de novos alimentos como as castañas, máis doados de procesar, e que acabaron desprazando ás landras nese sentido. Esta introdución asóciase á chegada dos romanos a Galicia, no século I antes de Cristo, a quen tamén se lles atribúe esa concepción despectiva sobre alimentarse con landras (en parte debido aos textos de Estrabón). O historiador e arqueólogo Estevo Amado explícanos que non foi así, senón que a desaparición do consumo da landra non estivo directamente relacionada coa chegada dos romanos:

  • Facebook - c�írculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
bottom of page