top of page

ESTEVO AMADO

                     ANDRÉS TEIRA

Andrés Teira é arqueólogo. Comezou a interesarse pola agricultura e a carpoloxía. A carpoloxía é a disciplina que se encarga de analizar as sementes e froitas que se atopan nos xacementos. A raíz deste estudo dos restos alimenticios atopados nos castros descubriu o uso de landras na cultura e dieta castrexa. A arqueoloxía experimental xoga un papel fundamental. Trata de recrear os procesos e prácticas que empregaban os castrexos no seu día a día. Para Andrés Teira este tipo de experimentos resultan moi útiles á hora interpretar e comprender o pasado. Ademais, son un recurso didáctico ameno para comunicar os avances que se fan nos estudos. El mesmo fálanos da utilidade da carpoloxía e a arqueoloxía experimental, e cóntanos por que se interesou por elas:

00:00 / 01:08
A carpoloxía é unha maneira moi interesante de interpretar o pasado, unha forma moi didáctica de facelo chegar a outros
[gepn.jimdo.com][596]image.jpg

Andrés Teira tivo contacto directo coas landras e o seu uso na alimentación. Participou nunha serie de xornadas de arqueoloxía experimental do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico da Universidade de Santiago de Compostela, ao que tanto el como Estevo Amado pertencían. Entre elas atopábase unha recreación do Forno de Castromao. Mentres investigaban esta peza de arxila atopáronse con varias hipóteses, non estaban seguros de se se trataba dun forno cerámico ou un fogón de cociña. Había que comprobar se este tipo de utensilio se podía empregar para cociñar alimentos, polo que decidiron fabricar o seu propio forno e ver como funcionaba. Así explica el de onde vén o interese por esta peza:

00:00 / 01:16

Imaxe: recreación dun forno de Castromao nunhas xornadas de arqueoloxía experimental do GEPN - AAT da USC. 

Mesa de trabajo 1.png

Estevo Amado é arqueólogo. Atopouse coas landras por primeira vez nestas xornadas de arqueoloxía experimental do GEPN das que falabamos. El interesouse en concreto pola alimentación, pola vida puramente cotiá dos castrexos, e decidiu facer o mestrado sobre o pan na cultura castrexa. Máis tarde comezaría unha tese centrándose na alimentación e o consumo na Idade de Ferro. Nos seguintes audios explícanos por que decidiu poñer en valor a perspectiva histórica da alimentación, e tamén como funcionaban as xornadas de arqueoloxía experimental e como cada un dos seus participantes as relacionaba co seu eido de estudo:

Moitas veces ao falar de arqueoloxía pensamos na arquitectura, na cerámica... Pero a alimentación déixase de lado. Como vivian a cotío? A min interesábame recrear iso, en concreto o tema da alimentación"
00:00 / 00:43
00:00 / 01:04

Para Estevo Amado e para Andrés Teira a arqueoloxía experimental é, en definitiva, unha ferramenta idónea para achegar os resultados das investigacións científicas a públicos non tan especializados. Estas xornadas de recreacións de fornos antigos permitíronlles coñecer de primeira man a importancia que tivo a landra na alimentación dos castrexos, así como os procesos que desenvolvían para poder comela e como poderían trasladarase á tecnoloxía dos nosos días. 

A imaxe da dereita pertence á unha galería de imaxes "A landra. Un patrimonio material e inmaterial", do perfil do GEPN - AAT en Facebook. Pertencen ás IX Xornadas Interxeneracionais Rurais de Cabreiros (no concello de Xermade, en Lugo), onde Estevo Amado e Andrés Teira, acompañados polo guía de turismo natural Fernán López, explicaron aos asistentes a historia da landra como alimento. 

Debaixo, engadimos unha galería de imaxes das xornadas de arqueoloxía experimental do GEPN relacionadas cos procesos de cociñado das landras.

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
bottom of page