
GONZALO ABAL
Nun paseo por unha carballeira co seu sobriño naceu a idea de Gonzalo Abal de crear unha crema de cacao con landras. Gonzalo Abal é profesor de cociña no IES Vilamarín, un instituto no que se ofertan ciclos medios e superiores das familias de hostalaría, turismo, agraria e industrias alimenticias na provincia de Ourense.
Pero o paseo non quedou aí e, comentándollo ao resto do profesorado, a idea pasou a ser un dos proxecto aprobados por FP Innova , un programa de premios da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da formación profesional. Ao proxecto uníronse profesores cos seus alumnos, que recibiron a idea con sorpresa pero con ganas de ver os resultados e probalos.

Imaxe: landras envasadas ao vacío
No proxecto colaboran dúas empresas suministradoras de materia prima (cacao e graxas), outros centros encargados de aspectos como a elaboración de stands e a Universidade de Vigo, que por medio do Campus de Ourense se encargará da cata, xa prevista para 80 persoas, e das analíticas. “Queremos que se sae un produto bo sexa con todas as garantías sanitarias e de sabor”, así o afirma Gonzalo Abal, que ademais aposta tamén por un produto que sexa na medida do posible saudable, optando así por outro tipo de azúcares. Así ve el o futuro da landra na nosa alimentación: